jueves, 16 de diciembre de 2010

GUÍA DIDÁCTICA CORREDORES DE SOMBRA

Esta é a guía que debedes seguir cando leades ou umha vez rematada a lectura de Corredores de Sombra.
Recordarvos que a xuntanza para poñer en común as lecturas, tanto como Corredores de Sombra como Areaquente, é a volta de Nadal o primeiro xoves pola tarde.
Se alguén non pode vir, debedes comunicarllo a Conha ou a Carmen. Entregades o cuestionario e listo.



lunes, 13 de diciembre de 2010

REUNIÓN CLUB DE LECTURA

ATENCIÓN!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Ante a imposibilidade de realizar a xuntanza do CLUB DE LECTURA mañá, martes 14 de decembro, por causa dos exames, aprázase para a volta do NADAL.

Xoves 13 de XANEIRO 2011.

PD: Sen posibiblidade de retrasala máis.

LEDE O LIBRO NO NADAL.

BO NADAL!!!!!!!!!!!!!!

Concha e Carmen

miércoles, 1 de diciembre de 2010

BOA RESEÑA SOBRE CORREDORES DE SOMBRA.

Neste enlace podedes ler unha boa reseña sobre CORREDORES DE SOMBRA,de Agustín Fernández Paz.
Penso que o libro vaivos gustar,é misterioso, ten suspense, como vós decides "engancha" dende a primeira ata a última páxina.Cando rematedes deixade as vosas impresións no blog, na entrada do libro.
Mentras tanto entrade neste enlace.    
        
                                 CORREDORES DE SOMBRA


En próximos eventos tedes o día e a hora de reunión do club de lectura.




viernes, 26 de noviembre de 2010

CORREDORES DE SOMBRA

CORREdores de sombra de Agustín Fernández Paz, é o libro que o alumnado do 1º ciclo da ESO,ten como lectura para o primeiro trimestre.


O alumnado do 1º ciclo ten que baixar pola biblioteca devolver o libro de Areaquente, e levar  CORREDORES DE SOMBRA



AGUSTÍN FERNÁNDEZ  PAZ

PREME NO ENLACE PARA SABER MÁIS SOBRE O AUTOR

lunes, 25 de octubre de 2010

CLUB DE LECTURA

AREAQUENTE DE AN ALFAYA

A primeira das lecturas que imos ler é unha novela de An Alfaya  titulada Areaquente. A obra gañadora do premio Lueiro Rey de novela curta(2009), e gañadora do premio San Clemente, na modalidade de lingua galega,(2010), é a obra que temos de lectura para este primeiro trimestre.

Nos próximos días os faremos chegar os libros .
Recordade que a posta en común da obra, terémola o 9 de decembro, xoves en horario de tarde.
Para coñocer a autora e a súa traxectoria, cliqueade sobre a imaxe.





martes, 19 de octubre de 2010

REUNIÓN CLUB DE LECTURA

CLUB DE LECTURA O CASTRO.   

MAÑÁ, mércores 20 de outubro, celébrase a primeira reunión do CLUB DE LECTURA
.
Estades convocados todos/as os inscritos no club. O lugar de reunión e a aula 002 (ao lado da cafetería )
A hora ,no recreo. Esta reunión a utilizaremos para nos coñecer, e perfilar algúns detelles.

Vémonos  Mañá!!!!11

DÍA        : MÉRCORES 20

LUGAR : AULA 002

HORA   : 11:30

lunes, 4 de octubre de 2010

CLUB DE LECTURA

Está aberto o prazo de inscripción para todos/as aqueles que queirades  formar parte do Club de Lecturas do Castro.
O prazo de inscripción remata o día 15 de Outubro.
Se queredes apuntarvos , facédeo na biblioteca. Anotade o voso nome, curso, e se tedes, tamén o voso mail.

Animade aos vosos compañeiros/as e aos vosos pais e nais.

A primeira reunión do CLUB será o vindeiro 20 de Outubro no recreo,  na aula 002.


ESPERAMOVOS A TODOS/AS

Se tedes algunha dúbida , preguntade aos profesores da biblioteca.

miércoles, 23 de junio de 2010

Verán do Club de Lectura


Rematou outro ano escolar máis, e por tanto o do club de lectura; aínda así poderemos estar conenctados a través deste blog. Queremos dárvolas grazas por participaren e axudarnos a levar a bo porto este proxecto.
Para o ano que ven, esperamos contar coa vosa ilusión e participación, de novo. Así mesmo, tentaremos mantervos informados á volta de vacacións.

Un saúdo e bo verán

jueves, 3 de junio de 2010

O Club de lectura visita Santiago


Hoxe os membros do club de lectura fixemos unha excursión a Santiago. O día comenzou na estación de tren de Vigo tras un pequeno madrugón, Seis intrépidos lectores e máis dúas profesoras rumbo a Santiago. Foi un día especial, visitamos un Santiago descoñecido para todos nós, unha cidade escondida entre parques e xardíns, parque de Belvis, parque de San Domingos de Bonaval, parque de Vista Alegre, parque de Galeras.Comimos no parque do Campus universitario Sur. Despois visitamos a cidade histórica, as Rúa do Vilar e a Rúa Nova , a Quintana e a Catedral. Xa chegada a tardiña voltamos a nosa casa. Rendidos pero contentos.l
Posted by Picasa

lunes, 24 de mayo de 2010

REUNIÓN CLUB DE LECTURA

Ola! Despois do tempo transcorrido desde o que dispuxemos da lectura correspondente a este último trimestre :"La elegancia del erizo"; convocámonos para este XOVES, 27 DE MAIO, ÁS 16,30 H. para tratar, entre outros, dos seguintes temas:

A/Comentario da obra dada

B/Estudo do orzamento disponible e actividades a desenvolver (Viaxe a Padrón- Santiago,etc.)


NOTA: É importante que asistades, agás por causas de forza maior, porque en caso contrario quedaredes excluídos/ás a todos os efectos.

Grazas . Xulio

jueves, 13 de mayo de 2010

NOVO LIBRO DO CLUB DE LECTURA


SIPNOSE do libro :

En el número 7 de la Rue Grenelle, un inmueble burgués de París, nada es lo que parece. Paloma, una solitaria niña de doce años, y Renée, la inteligente portera, esconden un secreto. La llegada de un hombre misterioso propiciará el encuentro de estas dos almas gemelas. Juntas, descubrirán la belleza de las pequeñas cosas, invocarán la magia de los placeres efímeros e inventarán un mundo mejor. La elegancia del erizo es una novela optimista, un pequeño tesoro que nos revela como sobrevivir gracias a la amistad, el amor y el arte. Mientras pasamos las páginas con una sonrisa, las voces de Renée y Paloma tejen, con un lenguaje melodioso, un cautivador himno a la vida.

Este é o libro elexido polo CLUB DE LECTURA para o terceiro e derradeiro trimestre do curso 2009/2010. Animamos a tódolos integrantes a deixar os seus comentarios acerca desta obra.

Presentación do club de lectura


Iníciase a andaina do blog do Club de Lectura do IES do Castro de Vigo.
Esperamos que poidades aqui atopar novos libros cos que achegarvos ao munda da literatura. Gustaríanos tamén que participedes no noso proxecto ao que destinamos moito tempo de traballo e moita ilusión.
Intentaremos mantervos informados acerca das novidaes e das actividade que levemos a cabo.

Unha forte aperta dos membros do CLUB DE LECTURA.