miércoles, 23 de junio de 2010

Verán do Club de Lectura


Rematou outro ano escolar máis, e por tanto o do club de lectura; aínda así poderemos estar conenctados a través deste blog. Queremos dárvolas grazas por participaren e axudarnos a levar a bo porto este proxecto.
Para o ano que ven, esperamos contar coa vosa ilusión e participación, de novo. Así mesmo, tentaremos mantervos informados á volta de vacacións.

Un saúdo e bo verán

jueves, 3 de junio de 2010

O Club de lectura visita Santiago


Hoxe os membros do club de lectura fixemos unha excursión a Santiago. O día comenzou na estación de tren de Vigo tras un pequeno madrugón, Seis intrépidos lectores e máis dúas profesoras rumbo a Santiago. Foi un día especial, visitamos un Santiago descoñecido para todos nós, unha cidade escondida entre parques e xardíns, parque de Belvis, parque de San Domingos de Bonaval, parque de Vista Alegre, parque de Galeras.Comimos no parque do Campus universitario Sur. Despois visitamos a cidade histórica, as Rúa do Vilar e a Rúa Nova , a Quintana e a Catedral. Xa chegada a tardiña voltamos a nosa casa. Rendidos pero contentos.l
Posted by Picasa