domingo, 30 de enero de 2011

CLUB DE LECTURA: LIBROS 2º TRIMESTRE

Estas son as lecturas programadas dende o club de lectura para o 2º trimestre.

Para os alumnos/as 1º, 2º e 3º da ESO


O mundo tal e como o coñecíamos non existe, está inundado, asolado por unha extraña Plaga e controlado por unha empresa chamada Tempus fugit.Neste mundo vive Hanna, intentando desmantelar a esta empresa, a que odia polo que fixo a súa nai, para o que contará coa axuda dun persoaxe procedente do pasado, Pablo, e de moitas máis persoas das que non se esperaba nada.

Javier Ruescas blog



Javier Ruescas. Tempus Fugit


Javier Ruescas. Biografia
 
 
 
 
 
Para 4º da ESO , 2º Bac e adultos a novela Enderezo descoñecido
 
 
 
 
Escrita en forma epistolar pola norteamericana Kressman Taylor, Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes.
 
 
NOS PRÓXIMOS DÍAS FARÉMOVOS CHEGAR OS LIBROS

jueves, 13 de enero de 2011

REUNIÓN CLUB DE LECTURA

Hoxe pola tarde tivemos a primeira reunión do CLUB DE LECTURA. Dúas eran as obras que tiñamos para comentar: Corredores de Sombra de Agustín Fernández Paz e Areaquente de An Alfaya.

Non estabamos todos os membros do clube, pero de todos modos comentamos as nosas lecturas e dimos as nosas impresións.

Aquí vos deixo unha foto da reunión.


Os que nos estabades presentes podedes deixar os comentarios da lecturas neste blog do club de lectura virtual. Nos próximos días, os faremos chegar as lecturas do segundo trimestre.